Lectorados MAEC-AECID en universidades estranxeiras

Solicitudes ata o 30 de xaneiro

UVigo - Emprego 23/12/2022

A Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento convoca 145 prazas de Lectorados MAEC-AECID en universidades estranxeiras para o curso 2023/2024


Requisitos

  • Persoas con cidadanía española, con idade non superior aos 37 anos no primeiro día do mes de inicio do lectorado.
  • Titulación universitaria nalgunha das seguintes disciplinas: español, filoloxía, literatura, linguas, humanidades, tradución, interpretación ou lingüística.

Características das axudas

  • Dotación mensual que variará en función do país e universidade de destino.
  • Axuda de viaxe de incorporación de acordo co país de destino.
  • Seguro de asistencia en viaxe e de accidentes durante o período de vixencia da axuda (ou          ata 160 € mensuais para a contratación dos seguros).
  • Unha contía de ata 250 € para a adquisición de material didáctico para o ensino do español.
  • Una axuda de ata 200 € para formación e bolsas de viaxe en compensación por gastos para asistir a reunións de lectores sobre temas ou actividades relacionadas coas funcións propias do programa.

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30 de xaneiro de 2023.
Máis información aquí.