McKinsey & Company lanza a segunda edición das Atrévete Scholarships 2022

UVigo - Emprego 27/09/2022

McKinsey & Company ten un compromiso co talento e por isto lanza unha segunda edición das Atrévete Scholarships 2022.

A finalidade do programa é recoñecer o talento e apoiar ao estudantado de España e Portugal de penúltimo e último ano de calquera grao ou mestrado e que desexen desenvolver o seu potencial e habilidades de liderado atrevéndose a emprender novos retos, como descubrir o mundo da consultaría.

Se resultas unha das persoas seleccionadas:

  • Recibirás 1000 euros para a costear os gastos de matrícula, experiencias de voluntariado, prácticas de verán ou outras iniciativas que podan axudarte e guiarte no desenvolvemento da túa experiencia académica e profesional.
  • Formarás parte do obradoiro “Atrévete a ser consultor” que terá lugar na súa oficina de Madrid os días 27 e 28 de outubro.
  • Formarás parte do programa “O teu mentor en McKinsey”, unha persoa da compañía será o teu mentor ou mentora e asesórate na túa carreira académica e profesional.

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 15 de outubro de 2022.

Inscrición e máis información aquí.