Monitor/a para obradoiro de emprego para certificado de profesionalidade

UVigo - Emprego 11/02/2022

Proxecto

Monitor/a para obradoiro de emprego para o certificado de profesionalidade "Desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos"

Perfís das candidaturas

  • Título de licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a ou título de graduado correspondente (ou similares)
  • Título de diplomado/a, enxeñeiro/a técnico/a, arquitecto/a técnico/a, ou grao correspondente (ou similares)
  • Técnico/a superior da familia profesional de imaxe e son

Valoración de requisitos e méritos

  • Experiencia mínima de 12 meses na ocupación, como por exemplo integrador/a multimedia audiovisual, desenvolvedor/a de produtos audiovisuais multimedia, grafista dixital, editor/a de contidos audiovisuais interactivos e non interactivos, desenvolvedor/a de aplicacións multimedia, axudante de realización en multimedia, técnico/a en sistemas multimedia e técnicas en audiovisuais ou similares.
  • Posuír competencia docente (CAP, mestrado en formación profesorado, certificado de profesionalidade de formador ocupacional, certificado de profesionalidade de docencia da formación profesional para o emprego).
  • Carné de conducir B.

Información e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes remata ás 14.00 horas do día 23 de febreiro.
 

As bases están colgadas na Sede electrónica do Concello de Ribadeo.