Oferta de emprego do CITMAga dentro do ámbito da xestión de proxectos europeos

UVigo - Emprego 27/06/2022

Denominación do proxecto

Contratación no marco do programa propio de investigación do consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), aprobado polo Consello Reitor o 25 de maio de 2022, para o desenvolvemento dos obxectivos estratéxicos de apoio e instrumentais.

Referencia da oferta

CITMAga-OT-16/2022.

Descrición do posto

Un contrato como técnico/a superior de xestión.

Tarefas

Realización de tarefas de apoio á xestión da investigación no marco do programa propio de investigación do centro, para o desenvolvemento dos obxectivos estratéxicos de apoio e instrumentais.

Funcións

Xestión de transferencia de tecnoloxía e innovación e xestión da I+D+i no ámbito das matemáticas. Xestión de proxectos europeos.

Titulación requirida

Grao, licenciatura, enxeñaría ou equivalentes.

Características do posto

  • Retribución bruta mensual: 1941,75 € en 14 pagas.
  • Tipo de contrato: contrato de actividades científico-técnicas indefinido.
  • Categoría laboral: técnico/a superior de xestión.
  • Xornada laboral: a tempo completo (35 horas semanais).

Información e solicitudes