Oferta de Emprego do CITMAga para o desenvolvemento de modelos de optimización no ámbito enerxético

Solicitudes ata o 16 de xaneiro

UVigo - Emprego 12/01/2023

Referencia da oferta
CITMAga-OT-01/2023


Descrición do posto
Un contrato como investigador/a asociado/a con tarefas de investigación para a conceptualización, o deseño, o desenvolvemento e a validación de modelos de optimización no ámbito enerxético.


Tarefas
Documentación, elaboración de código, validación de modelos de optimización matemática e revisión de informes.


Perfís das candidaturas
Doutoramento.


Valoración de méritos e requisitos

  • Expediente académico do grao/licenciatura/mestrado. Valorarase mestrado de especialización con contidos en modelización/optimización matemática. Grao de afinidade da tese doutoral coa liña de investigación e título de doutor/a. Valoraranse doutores/as relacionados coas Matemáticas. 
  • Coñecemento e experiencia en modelización de problemas optimización matemática (10 puntos). 
  • Coñecemento e experiencia en linguaxes de modelización como AMPL, GAMS, JUMP, Pyomo... 
  • Coñecemento e experiencia en contornas cloud, bases de datos, software de control de versións... 
  • Coñecementos e experiencia adicional e específica (30 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
  • Experiencia en programación en linguaxes de cálculo científico, preferentemente C, C++ e Python. 
  • Uso da plataforma de Microsoft Azure. 
  • Creación de informes de MS Power BI. 


Características da oferta

  • Retribución bruta mensual: 549,57 € en 14 pagas. 
  • Tipo de contrato: contrato de actividades científico-técnicas indefinido. 
  • Categoría Laboral: investigador/a asociado /a
  • Xornada laboral: 25% (8,75 horas semanais). 
  • Horario: L. 10:00-12:15, M. 10:00-12:00, Me. 10:00-11:30, X. 10:00-11:30, V. 10:00-11:30. 
  • Lugar de traballo: Santiago de Compostela

Información e solicitudes
Prazo de presentación de solicitudes ata o 16 de xaneiro de 2023
Máis información aquí.