Oferta de emprego de CITMAga de dous contratos para investigadores/as

UVigo - Emprego 11/02/2022

Proxecto

Simulación, modelización e optimización de sistemas de almacenameno de enerxía. 

Referencia da oferta

CITMAga-OT-05/2022

Descrición do posto

Dous contratos como investigadores/as para o proxecto de investigación no marco do contrato entre CITMAga (Consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia), e unha empresa do sector da enerxía.

Perfís das candidaturas

Licenciatura, enxeñaría, grao e mestrados relacionados coas matemáticas, a física, a enxeñería e a informática (ou similares).

Valoración de requisitos e méritos

  • Grao de afinidade das titulacións da candidatura cos ámbitos da matemática aplicada e industrial.
  • Coñecemento e experiencia previa en modelización, simulación numérica e optimización, e na implementación e validación en ordenador de algoritmos e métodos numéricos propios destas disciplinas.
  • Coñecementos de inglés. 
  • Métodos numéricos para a resolución de ecuacións diferenciais ordinarias e en derivadas parciais con restricións alxébricas.
  • Métodos numéricos en optimización.
  • Programación en linguaxes de cálculo científico (C, Fortran, Python, etc.).
  • Modelización e simulación numérica de baterías para o almacenamento de enerxía. 
  • Control óptimo de sistemas. Filtro de Kalman.

Caracterísitcas do posto

Retribución bruta mensual: 1.862,62 € en 12 pagas.
Duración: 6 meses dende o inicio da contratación. 
Xornada laboral: a xornada completa.
Lugar de traballo: Santiago de Compostela.

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 23 de febreiro de 2022.
 

Máis información na seguinte ligazón.