Oferta de emprego de CITMAga dun contrato como investigador/a para o proxecto de investigación

UVigo - Emprego 26/11/2021

Proxecto 

Sistema experto de mellora de solucións e optimización de procesos de produción biosostibles.

Referencia da oferta

CITMAga-OT-15/2021.

Descrición do posto

1 contrato como investigador/a para o proxecto de investigación entre CITMAga (Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia) e unha empresa do sector da enerxía. 

Perfís das candidaturas

Licenciatura, enxeñaría, grao ou mestrado relacionados coa informática, a enxeñaría, as matemáticas e a física.

Valoración de requisitos e méritos:

  • Grao de afinidade das titulacións do candidato coa Informática e as ciencias da computación.
  • Grao de afinidade das titulacións do candidato/a cos ámbitos da matemática industrial (matemática aplicada, estatística e investigación operativa ou similar).
  • Coñecemento e experiencia previa en linguaxes de programación.
  • Coñecemento e experiencia previa en optimización matemática e na activación de algoritmos de optimización.
  • Coñecemento e experiencia previa en ferramentas de visualización de datos interactivas.
  • Coñecementos de inglés.

Valoraranse os seguintes coñecementos e experiencia adicional, se ben non é necesario ter experiencia en todos eles: 

  • Experiencia no uso da linguaxe de programación Python. Tamén se valorará a experiencia en linguaxes similares como R, Julia, ...
  • Experiencia no desenvolvemento de software científico. Desenvolvemento de código, documentación e soporte.
  • Experiencia no desenvolvemento de visualizacións interactivas con PowerBI ou ferramentas similares como Tableau.
  • Experiencia na modelización de problemas de optimización matemática e, en particular, en linguaxes de modelización (AMPL, Pyomo).
  • Experiencia no desenvolvemento de interfaces gráficas de usuario para software enfocado ao uso empresarial.

Características do posto

  • Retribución bruta mensual: 1.862,63 € en 12 pagas. 
  • Data de inicio prevista: 1 de xaneiro de 2022
  • Data estimada de fin de obra: : 31 de agosto de 2022
  • Xornada laboral: a xornada completa.
  • Lugar de traballo: Santiago de Compostela

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 7 de decembro de 2021.

Máis información aquí.