Oferta de Emprego de CITMAga como investigador/a para o desenvolvemento de algoritmos relacionados con estatística, optimización e intelixencia artificial

Solicitudes ata o 23 de abril

UVigo - Emprego 17/04/2023

Referencia

CITMAga-OT-04/2022

Descrición do posto

Un contrato como investigador/a colaborador/a para o desenvolvemento de algoritmos relacionados con estatística, optimización e intelixencia artificial para a xestión eficiente e integral da contorna medioambiental (loita contra os incendios, biodiversidadade).

Titulación requirida

Titulación de grao/licenciatura en enxeñaría. Mestrado ou doutoramento relacionados coa estatística, a matemática industrial ou afíns.

Valoración de méritos

  • Coñecementos de inglés.
  • Formación e experiencia acreditada en modelización estatística, análise e programación de algoritmos matemáticos; investigación operativa.
  • Formación e experiencia acreditada en programación en linguaxes R.
  • Formación e experiencia acreditada en base de datos, en especial de postGIS; en GIS, en particular QGIS y PyQGIS.

Condicións

  • Retribución bruta mensual: 1670,89 € en 14 pagas. Esta praza levará un complemento de proxecto a unha actividade que se realizará dentro da liña de investigación, durante a súa duración e en función da porcentaxe de dedicación da xornada laboral de hasta 300 € mensuais.
  • Data de inicio prevista: a partir do 1 de maio de 2023.
  • Tipo de contrato: contrato de actividades científico-técnicas indefinido. 
  • Categoría laboral: investigador/a colaborador/a.
  • Xornada laboral: a tempo completo (35 horas semanais). 
  • Lugar de traballo: Santiago de Compostela.

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes ata o 23 de abril de 2023.

Máis información aquí.