Oferta de emprego do CITMAga como investigador/a para desenvolver redes neuronais para a análise de imaxe e o sistema de navegación de drons

Solicitudes ata o 24 de marzo

UVigo - Emprego 17/03/2023

Referencia da oferta

CITMAga-OT-03/2023

Descrición do posto

1 contrato como investigador/a colaborador/a.

Traballo que se realizará

Tarefas de investigación no marco do proxecto “sistema de inspección de conformidade interior de vehículos en liñas de produción de OEMS mediante drons autónomos preprogramados, AFID”.

Funcións

Investigación para o desenvolvemento das redes neuronais, tanto para a análise de imaxe, como para o sistema de navegación do dron. 

Valoración de méritos e requisitos

  • Expediente académico do grao/licenciatura e/ou máster. Valorarase grao ou licenciatura en Física ou Matemáticas e Máster en Técnicas estatísticas. 
  • Experiencia previa en análise e programación de algoritmos de predición.
  • Coñecementos avanzados e experiencia previa no uso de linguaxes de programación.
  • Coñecementos e experiencia previa en técnicas de machine learning e predición relacionada coa temática do proxecto. Valorarase experiencia con software R.
  • Coñecementos e experiencia previa en procesado de imaxe.

Características do posto 

  • Retribución bruta mensual: 1.670,89 € en 14 pagas. 
  • Tipo de contrato: Contrato asociado á execución do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
  • Categoría Laboral: investigador/a colaborador/a. 
  • Duración: 29 meses.
  • Xornada laboral: a tempo completo (35 horas semanais).
  • Lugar de traballo: Santiago de Compostela.

Información e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 24 de marzo de 2023.

Máis información aquí.