Oferta de emprego de CITMAga como investigador/a para un proxecto de investigación
Proxecto
Sistema experto de mellora de solucións e optimización de procesos de produción biosostibles.
Referencia da oferta
CITMAga-OT-03/2022.
Descrición do posto
1 contrato como investigador/a para o proxecto de investigación no marco do contrato entre CITMAga (Consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia), e unha empresa do sector da enerxía.
Perfís das candidaturas
Licenciatura, enxeñaría, grao, ou mestrado relacionados coas matemáticas, a informática, a enxeñería e a física.
Valoración de requisitos e méritos
- Coñecemento e experiencia previa no modelado de problemas de optimización matemática, así coma na implementación e validación en ordenador de algoritmos e métodos propios desta disciplina.
- Coñecemento e experiencia previa en linguaxes de programación (Python).
- Coñecementos de inglés
- Experiencia en programación/optimización matemática.
- Experiencia en programación/optimización estocástica.
- Experiencia en implementación e validación de algoritmos de optimización matemática.
- Experiencia no uso da linguaxe de programación Python. Tamén se valorará a experiencia en linguaxes similares como R, Julia, …
- Experiencia no desenvolvemento de software científico. Desenvolvemento de código, documentación e soporte.
- Experiencia na modelización de problemas de optimización matemática e, en particular, en linguaxes de modelización (AMPL, Pyomo).
- Coñecemento e experiencia previa en modelos de predición estatística.
Características
- Retribución bruta mensual: 1.862,62 € en 12 pagas.
- Data de inicio prevista: febreiro de 2022.
- Duración estimada do contrato: 6 meses dende o inicio da contratación.
- Xornada laboral: a xornada completa.
- Localidade de traballo: Santiago de Compostela.
Información e solicitudes
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 14 de febreiro de 2022.
Máis información aquí.