Oferta de emprego do CITMAga na liña de investigación “Modelado, simulación numérica, optimización e control de problemas da ciencia e da industria”

Solicitudes ata o 23 de xaneiro

UVigo - Emprego 17/01/2023

Referencia da oferta
CITMAga-OT-02/2023

Descrición do posto
Contrato como investigador/a asociado/a para realizar tarefas de modelización matemática, simulación numérica, optimización e control de problemas da ciencia e da industria relacionados co electromagnetismo, a transferencia de calor e a dinámica de fluídos.

Perfís das candidaturas
Doutoramento. 

Valoración de méritos e requisitos

  • Expediente académico do grao/licenciatura/enxeñería. Expediente do mestrado (de telo). Título de doutor. Grao de afinidade da tese doutoral coa liña de investigación proposta. Valorarase o grao de afinidade das titulacións do candidato cos ámbitos da Matemática Aplicada e Industrial.
  • Coñecementos de inglés.
  • Formación e experiencia acreditada en modelización, simulación numérica, optimización e control, e na implementación e validación en computador de algoritmos e métodos numéricos propios destas disciplinas e, en particular, de aqueles relacionados co electromagnetismo, a transferencia de calor e a dinámica de fluídos.
  • Experiencia acreditada na participación en proxectos internacionais relacionados co ámbito industrial.
  • Experiencia acreditada na redacción de artigos científicos en revistas do JCR e na participación como relatora en congresos internacionais.
  • Formación e experiencia acreditada en programación en linguaxes de cálculo científico (C, Fortran, Python, Matlab, etc.).
  • Formación e experiencia acreditada no uso de software de simulación numérica e optimización.

Características do posto 

  • Retribución bruta mensual: 2.198,27 € en 14 pagas.
  • Data inicio prevista: a partir de febreiro de 2023. 
  • Tipo de contrato: contrato de actividades científico-técnicas indefinido.
  • Categoría Laboral: investigador/a asociado/a.
  • Xornada laboral: a tempo completo (35 horas semanais). 
  • Horario: L. M. Me. X.  8:00-13:30 / 15:00-17:00, V. 9:00-14:00.
  • Lugar de traballo: Santiago de Compostela.

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes ata o 23 de xaneiro de 2023.

Máis información aquí.