Oferta de emprego de CITMAga para un proxecto de optimización matemática

UVigo - Emprego 10/02/2022

Proxecto

Optimización matemática para o deseño dunha rede que integre tecnoloxías nunha ferramenta dixital. 

Referencia da oferta

CITMAga-OT-04/2022

Descrición do posto

Un contrato como investigador ou investigadora para o proxecto de investigación no marco do contrato entre CITMAga (Consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia), e unha empresa do sector da enerxía do grupo Reganosa (Regasificadora do Noroeste S.A.) 

Perfís das candidaturas

Licenciatura, enxeñaría, grao ou mestrado en relación coas matemáticas, a física, a enxeñaría e a informática (ou similares). 

Valoración de requisitos e méritos

  • Grao de afinidade das titulacións do candidato cos ámbitos da matemática industrial (matemática aplicada, estatística e investigación operativa, informática, ou similar). 
  • Experiencia no desenvolvemento de software científico, en particular, software de modelización, simulación numérica e optimización. Desenvolvemento de algoritmos matemáticas, implementación e validación no ordenador. 
  • Coñecementos de inglés.
  • Experiencia en programación/optimización matemática.
  • Experiencia na modelización de problemas de programación matemática empregando linguaxes de modelado alxébrico como: Pyomo, AMPL y/o GAMS.
  • Experiencia no uso de linguaxe de programación Python. Tamén se valorará a experiencia en linguaxes similares de cálculo científico como R, Julia, Fortran, …
  • Métodos numéricos para a resolución de ecuacións diferenciais ordinarias e en derivadas parciais. 
  • Coñecementos de modelización de procesos físicos no ámbito enerxético. En particular, modelización e simulación numérica en mecánica de fluídos.

Caracterísitcas

Retribución bruta mensual: 1.862,62 € en 12 pagas. 

Duración: 6 meses dende o inicio da contratación. 

Xornada laboral: a xornada completa. 

Lugar de traballo: Santiago de Compostela.

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 17 de febreiro de 2022. 


Máis información na seguinte ligazón.