Oferta de emprego de CITMAga para proxecto relacionado cos procesos de produción biosostibles.

UVigo - Emprego 18/02/2022

Proxecto 

Sistema experto de mellora de solucións e optimización de procesos de produción biosostibles. 

Referencia da oferta

CITMAga-OT-06/2022

Descrición do posto

Un contrato como investigador/a para o proxecto de investigación no marco do contrato entre CITMAga (Consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia), e unha empresa do sector da enerxía.

Perfís requeridos 

Licenciatura, enxeñaría, grao ou mestrado relacionados coas matemáticas, a física, a enxeñería e a informática (ou similares).

Valoración de requisitos e méritos

  • Grao de afinidade das titulacións do candidato cos ámbitos da Informática e as Matemáticas. 
  • Coñecemento e experiencia previa no mantemento do servizo de informática na nube Microsoft Azure e, secundariamente, a implementación de algoritmos de optimización matemática.
  • Coñecementos de inglés.
  • Manexo e xestión da plataforma de Microsoft.
  • Manexo e xestión de bases de datos non relacionais.
  • Programación en linguaxes de cálculo científico (Python, R, C++, etc.).
  • Machine Learning.
  • Programación/optimización matemática.
  • Programación/optimización estocástica.
  • Modelado de problemas de optimización en AMPL e Pyomo.

Información e solicitudes

Retribución bruta mensual: 1.862,62 € en 12 pagas.
Duración: 6 meses dende o inicio da contratación. [2]
Xornada laboral: a xornada completa.
Lugar de traballo: Santiago de Compostela.

Máis iformación aquí