Prácticas en Vodafone como enxeñeiro/a informático/a en Vigo

UVigo - Emprego 23/02/2022

Proxecto

Vodafone ofrece unha bolsa de prácticas, dentro do programa START da Fundación Universidade-Empresa.

Perfís das candidaturas

Alumnado de grao ou mestrado relacionados coa enxeñaría en telecomunicación ou en informática.

Valoración de requisitos e méritos

  • É necesario nivel B2 de inglés
  • Coñecementos avanzados en Microsoft Office
  • Coñecementos de programación Java, Angular, vbscript etc.
  • Coñecementos en bases de datos
  • Coñecementos na ferramenta Jenkins ou similar

Obxectivos da formación

  • Adquirir coñecementos relacionados coa realización de tarefas e probas que aseguren a calidade dos proxectos software da compañía.
  • Integrarase dentro do equipo de Quality Assurance cos obxectivos de aprender o funcionamento dun equipo adicado á calidade do software e centrarase na avaliación de ferramentas necesarias que permitan mellora o rendemento do equipo, para o que terá varios aprendizaxes:
    • Probas manuais en sistemas, o que lle permitirá aprender o funcionamento dos sistemas e coñecer as futuras probas a automatizar.
    • Avaliación e probas de concepto de ferramentas de probas. Axudará na avaliación de ferramentas necesarias tanto de automatización como de xestión de probas.
    • Automatización de probas. Realizará probas de concepto das ferramentas realizando probas en sistemas reais.

Información e solicitudes

Data prevista de incorporación: maio de 2022.
Retribución bruta mensual: 700 € 
Tipo de práctica: Telepráctica semi-presencial
Centro de prácticas: Vigo
 

Máis información na seguinte ligazón.