Procesos selectivos dos grupos A1 e A2 na Deputación de Pontevedra

UVigo - Emprego 12/12/2019

A Deputación de Pontevedra convoca en réxime de concorrencia competitiva un total de 19 prazas vacantes en varios procesos selectivos por quenda libre, mediante oposición. As prazas vacantes pertencen as ofertas de emprego público dos anos 2017, 2018 e 2019. 

As prazas correspondentes aos grupos A1 e A2 son as seguintes:

  • Dúas prazas de técnico/a de Administración Xeral, encadradas na escala de administración xeral, subescala técnica, grupo A1. Deberán posuír o título de grao ou licenciatura en Dereito, Económicas, ADE, actuario ou intendente mercantil, ou equivalentes, ou estar en condicións de obtelo o día en que remate o prazo de presentación de instancias.
  • Unha praza de técnico/a de Xestión Tributaria, encadrada na escala de administración especial, subescala técnica, grupo A2. As persoas aspirantes deberán posuír o título de licenciatura ou grao en Dereito, Económicas, ADE, Xestión e Administración Pública ou equivalentes, ou estar en condicións de obtelo o día en que remate o prazo de presentación de instancias.

Información e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles desde o día seguinte a súa publicación no BOE.

Máis información aquí.