Programa de bolsas formativas en Enxeñaría ou Dereito na empresa Duro Felguera 

UVigo - Emprego 11/05/2023

Duro Felguera, unha compañía de enxeñaría global con sede en Asturias, ofrece un programa de 24 meses para recentemente graduados/as en Enxeñaría (Informática, Telecomunicacións, Industrial, Mecánica, Eléctrica, Civil, Electrónica, Minas, etc.) ou Dereito cun nivel alto de inglés. As persoas beneficiarias terán a oportunidade de formar parte do seu equipo en Xixón ou Madrid en diferentes proxectos nas distintas áreas de negocio.

Este Programa de Talento para o Futuro consiste nunha bolsa formativa (12 meses) máis un primeiro contrato laboral (12 meses).

Máis información e inscrición aquí.