Programa Cicerone 2023 – Bolsas de verán no ámbito da investigación biomédica

Solicitudes ata o 28 de abril

UVigo - Emprego 04/04/2023

O Centro Nacional de Investigacións Cardiovasculares Carlos III (CNIC) ten aberta unha convocatoria de 32 bolsas de verán do Programa Cicerone 2023  para realizar prácticas e asistir a seminarios sobre investigación biomédica.

O CNIC ofrece a estudantes de mestrado e dos últimos cursos de carreiras universitarias relacionadas coa biomedicina (Medicina, Bioloxía, Biotecnoloxía, etc.) ou doutras áreas relacionadas con este campo (Física, Química, Enxeñaría, etc.) estancias de 6 semanas de prácticas durante o período comprendido entre o 1 de xullo e o 15 de setembro de 2023.

O propósito desta convocatoria é achegar a investigación biomédica ao estudantado universitario e ter a opción de desenvolver unha carreira científica no futuro.

As persoas seleccionadas recibirán unha subvención de 1500 euros e ata un máximo de 300 euros adicionais destinados aos gastos de desprazamento de ida e volta para as persoas participantes que residan fóra da provincia de Madrid.


Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes ata o día 28 de abril de 2023.
Máis información aquí.