Programa de emprendemento EduCaixa Bridge Call

UVigo - Emprego 03/10/2023


EduCaixa Bridge Call é un programa inspirado nos principios de Venture Philanthropy que axuda a impulsar proxectos en fase inicial liderados por persoas mozas emprendedoras, proxectos listos para ser probados no mercado e mellorados para maximizar o seu impacto.

Puntos clave

  • Os proxectos deben ser impulsados por un equipo de como mínimo dúas persoas de enre 18 e 30 anos.
  • Axudar a mellorar o mundo é o obxectivo. Búscanse proxectos que traten desafíos sociais e medioambientais con modelos de negocio sostibles e escalables.

Dotación económica

Os 20 equipos formalmente seleccionados por EduCaixa Bridge Call obterán:

  • Unha axuda económica de 5.000 € para os 10 equipos preseleccionados para a primeira fase, pero non seleccionados para a segunda.
  • Unha axuda económica de 25.000 € para os 10 equipos seleccionados na segunda fase.

Información e solicitudes

  • Para cumprimentar o formulario de inscrición e más información preme aquí.
  • A data límite de presentación de solicitudes é o 10 de outubro de 2023.