Programas de prácticas no Banco Central Europeo

UVigo - Emprego 17/01/2022

O Banco Central Europeo ofrece programas de prácticas onde poderás desenvolver os coñecementos adquiridos durante os estudos e comprender mellor o que implica traballar en Europa. Durante o período de prácticas, obterás unha idea das actividades que leva a cabo o BCE realizando tarefas de investigación, elaboración de borradores de informes, recompilación de datos estatísticos, tarefas operativas etc.
 
As últimas prácticas ofertadas son: 

Prácticas na División de Abastecemento, Laboral e Vixilancia

Entre outras tarefas, axudarás a desenvolver unha infraestrutura de bases de datos empregando macroseries temporais agregadas e microdatos, contribuirás á análise cuantitativa para avaliacións económicas e políticas e participarás nas publicacións periódicas internas e externas.
As prácticas diríxense a persoas tituladas no grao / licenciatura en economía. 

Valoración de requisitos e méritos:

  • Posuír un mestrado en economía
  • Coñecementos en linguaxes de programación R ou Python
  • Coñecementos de VBA en Excel
  • Manexo de bases de datos SQL

Remuneración: a bolsa de prácticas e de 1070€/mes máis a dieta de aloxamento.

Lugar de traballo: Frankfurt, Alemaña.

Prazo de inscrición: ata o 4 de febreiro de 2022.

 

Máis información e inscrición aquí.

 

Prácticas de doutoramento na Dirección Xeral de Economía

As tarefas que se realizarán son análises empíricos utilizando modelos económicos e econométricos e contribuír a mellora das ferramentas analíticas, econométricas e de previsión baixo a supervisión de persoas expertas do BCE.
As prácticas van dirixidas a persoas cun mestrado e ao menos dous anos de estudos de doutoramento en economía, finanzas, estatística, ciencia de datos, enxeñaría ou afín.

Requisitos imprescindibles:

  • Posuír sólida comprensión teórica da macroeconomía e o contexto económico/institucional do BCE.
  • Coñecementos de programación de software cuantitativo como Stata, MATLAB, GAUSS, Python, R, Hadoop ou Spark.
  • Nivel C1 de inglés.

Remuneración: a bolsa de prácticas é de 1970€/mes máis a dieta de aloxamento.

Lugar de traballo: Frankfurt, Alemaña.

Prazo de inscrición: ata o 4 de febreiro de 2022.

 

Máis información e inscrición aquí.

 

Podes consultar todas as prácticas que o BCE ten abertas aquí.