Reto Percepción & IA CATEC para novos titulados/as ou estudantes pendentes de presentar o seu TFG/TFM

UVigo - Emprego 16/12/2021

Dende a unidade de Percepción e Intelixencia Artificial do CATEC organízanse dous retos dirixidos a novos titulados/as ou estudantes pendentes de presentar o seu TFG/TFM

Obxectivos
O obxectivo desta competición é realizar tarefas de visión artificial en contornas semirrealistas cun robot aéreo, de tal modo que se podan chegar a resolver tarefas autónomas en contornas sen GPS. Tamén para detectar defectos coas cámaras embarcadas. 

Se tes gañas de demostrar o que sabes de robótica aérea, Computer Visión ou Deep Learning, entón este reto é para ti!

Compensación económica
Cada reto ten un premio económico de 1.000€.

Información e prazos de entrega
Visita a páxina de CATEC e envía a túa solución antes do 16 de xaneiro de 2020.


Máis información aquí.