SDG Open Day 

UVigo - Emprego 13/04/2023

O mércores 19 de abril terá lugar un Open Day na sede de SDG Galicia en Santiago de Compostela. Nel darase a coñecer como é a profesión dos datos, a analítica e a intelixencia artificial e a carreira profesional en SDG.

Da man de Data Analyst, Data Architects, AI Engineers poderedes descubrir como é o día a día en SDG Group, os seus proxectos, a súa proposta profesional, cultura e plan de formación. O alumnado de grao ou mestrado poderá preguntar abertamente o que queira e falar directamente co persoal da compañía.

O evento realizarase en horarios tanto de mañá como de tarde. Farase unha explicación da compañía, un aperitivo e mostrarase algún proxecto significativo. O alumnado poderá dar un paseo pola oficina conversando coas persoas empregadas da compañía e realizar as preguntas que desexe. Finalmente, rematará cunha sesión de dúbidas e obsequios en agradecemento polo interese.

Para poder organizar o evento, será necesario rexistrarse previamente aquí.

Data e lugar:  Mércores 19 de abril na sede de SDG Galicia (Travesía da Poza, 4, Baixo, Santiago de Compostela).