VII edición dos premios GIRA Mulleres para ideas de emprendemento

Solicitudes ata xuño de 2023

UVigo - Emprego 01/02/2023

GIRA Mujeres é un proxecto formativo que impulsa a mulleres emprendedoras cunha idea de negocio ou que xa teñen un proxecto en marcha pero que precisan darlle un novo rumbo.
O programa vai dirixido a mulleres residentes en España con idade entre 18 e 67 anos, empregadas ou desempregadas.


O proxecto formativo
Categoría “Quero Emprender”:
O itinerario do programa vai dirixido a mulleres con ideas de negocio en fase moi inicial. Consiste en 18 horas de formación para desenvolver o talento e as capacidades de traballo. Conta con formación online, mentorías grupais e acompañamento individualizado que axuden a definir un plan de negocio.
Categoría “Teño un Negocio”:
O itinerario do programa vai dirixido a mulleres con negocios que precisan dun novo rumbo ou impulso. Consta de formación online e acompañamento individualizado para reconverter un proxecto. Empregase un “Mapa de Crecemento do teu Negocio”, un modelo que analiza as fortalezas e oportunidades de negocio e ofrece melloras útiles para o futuro.
 

Premios
Para as 10 participantes finalistas: unha aceleración e mentoría especializada coa empresa de Impact Hub de 4 meses de duración para o desenvolvemento da súa idea de negocio con persoas mentoras seleccionadas especificamente pensado no seu proxecto.
Os catro mellores proxectos, seleccionados por un xurado, reciben un capital semente de 8500 euros para desenvolver o proxecto.
 

Prazo de presentación de solicitudes
Ata xuño de 2023.
Máis información aquí.