Pintura
Equipo de goberno
Director/a
Secretario/a
Localización
Código do departamento
Titulacións
Máster Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda
Características
A importancia do deseño no contexto da cultura e da sociedade actual resulta indiscutible. A formación específica en deseño non é só unha demanda da sociedade, senón un axente fundamental do desenvolvemento económico de Galicia, onde o sector da moda é unha industria prioritaria.
O Mestrado universitario en deseño e dirección creativa en moda conta cun programa actual e conectado coa realidade do mundo profesional. É a lóxica evolución xurdida dunha extensa experiencia na formación en moda durante máis de dez años na Universidade de Vigo.
Dentro do mestrado desenvolveuse un programa de prestixio que o situá á vangarda dos centros formativos en deseño de moda en España. Os nosos titulados e tituladas están presentes habitualmente nas principais pasarelas do país e forman parte dos equipos creativos de unha extensa listaxe de firmas de moda: Inditex, Purificación Garcia, CH, Bimba y Lola, Adolfo Domínguez e un longo etcétera. O mestrado supón un paso máis alá na formación especializada con obxectivos e retos ben definidos e co equipo humano e o material necesarios para levalos a cabo.
Acceso e admisión
No caso de que a demanda supere as prazas ofertadas, establécense os seguintes criterios de valoración de méritos:
- Expediente académico da titulación presentada para a admisión. Avalíase a idoneidade da titulación e a media das cualificacións globais. (50 %)
- Portfolio ou presentación visual que conteña traballos ou propostas relacionados con algunha área da moda: deseño, creación artística, deseño gráfico e comunicación, textos críticos etc. (20 %)
- CV da persoa candidata, tendo en conta a súa idoneidade para a titulación á que pretende acceder. (20 %)
- Coñecemento de linguas estranxeiras debidamente xustificadas: inglés, portugués etc. (10 %)
Perfil de ingreso recomendado
O mestrado está destinado a persoas tituladas en estudos universitarios (graduadas e/ou licenciadas) procedentes do ámbito das humanidades (Belas Artes, Historia da Arte … ) ou doutras áreas de coñecemento relacionadas, como a científico-técnica ou a xurídico-social (Arquitectura, Comunicación, Publicidade …).
As persoas licenciadas ou graduadas en estudos universitarios en Belas Artes ou en Deseño, e as dúas áreas de coñecemento anteriormente indicadas terán prioridade sobre o resto dos solicitantes. Con todo, a comisión académica valorará as solicitudes de persoas tituladas doutras ramas que desexen acceder ao mundo do deseño contemporáneo na súa vertente teórico práctica ou ao campo da investigación.
Plan de estudos
Formamos especialistas en moda con amplas perspectivas profesionais e un coñecemento profundo dos procesos e ferramentas empregados para a investigación, a análise e a previsión de tendencias. Este é o mestrado axeitado para ti se queres ser un creativo ou creativa capaz de lanzar a túa propia marca ou unirte a equipos de deseño cun perfil versátil en campos como a dirección creativa, o estilismo e o deseño de moda ou o deseño gráfico para moda.
Saídas Profesionáis
- Deseño de prenda de muller, home e nenos
- Deseño de plana
- Deseño de produto téxtil, complementos etc.
- Estilismo
- Dirección creativa
- Dirección de arte
- Desenvolvemento de estampados
- Análise de tendencias
- Visuals merchandisers
- Deseño de peza gráfica
- Deseño gráfico para moda
- Product manager
- Comunicación de moda
- Deseño para e-commerce
- Creación de contidos dixitais de moda
- Investigación en moda
- Crítica de moda
Preinscripción y matrícula
Contacto
Coordinación do título
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino en Idiomas. Arte e Debuxo.
Características
Titulación oficial que habilita para o exercicio das profesións de profesor/a de educación obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas. O obxectivo principal é que o alumnado se familiarice cos contidos das materias relacionadas coa súa especialización docente, así como cos procesos de ensino e de aprendizaxe correspondentes.
Acceso e admisión
- Titulación de acceso relacionada coa especialidade.
- Curriculum vitae en aspectos relacionados coa temática do mestrado.
- Resto do curriculum vitae (experiencia profesional, bolsas obtidas, cursos, etc.).
Ademais, calquera persoa que desexe acceder a este mestrado debe cumprir o seguinte perfil de ingreso:
- Inclinación vocacional expresada no interese por comprender e facilitar a resolución das problemáticas nos procesos de ensino-aprendizaxe do ser humano, no seu ámbito pedagóxico e de interacción social.
- Disposición e motivación para a aprendizaxe de todos os contidos que se lle presenten neste mestrado e responsabilidade no seu propio proceso de aprendizaxe.
- Capacidade de reflexión e de facer achegas propias a todos aqueles procesos pedagóxicos, sociais, culturais, políticos que repercuten no campo do ensino.
- Compromiso en querer adquirir a máis alta formación e capacitación no desenvolvemento deste mestrado.
- Motivación para participar en todas aquelas accións que se lle propoñan tanto desde a estrutura interna dos estudos de mestrado como desde a universidade.
- Habilidades de comunicación e interrelación persoal.
- Compromiso social cara ao respecto, a tolerancia e a empatía.
Perfil de ingreso recomendado
Persoas tituladas universitarias en temas afíns á especialidade que se desexa cursar. No caso de que a titulación que posúa o estudantado non coincida coa especialidade que desexa cursar, deberá superar un exame ou unha proba de acceso.
Plan de estudos
O obxectivo principal é que o alumnado se familiarice cos contidos das materias relacionadas coa súa especialización docente, así como cos procesos de ensino e de aprendizaxe correspondentes.
- Trátase dun título oficial que habilita para o exercicio das profesións de profesor de educación obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas.
- Saber aplicar os coñecementos adquiridos e as súas habilidades de resolución de problemas en contornas novas ou descoñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados cos estudos.
- Ser capaz de integrar coñecementos e afrontar a complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, aínda que incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
- Saber comunicar as súas conclusións (e os coñecementos e as razóns últimas que as sustentan) a públicos tanto especializados como non especializados dun xeito claro e inequívoco.
- Poseer as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que será en gran medida autodirixido ou autónomo.
Preinscripción y matrícula
Contacto
Coordinación do título
Datos contacto
Máster Universitario en Creación Artística Contemporánea
Características
O Mestrado en creación artística contemporánea xurdiu da necesidade de fusionar a investigación e a creación artística na educación de posgrao, proporcionándolle ao estudantado unha formación especializada e multidisciplinar. Polo tanto, está centrado na investigación a través da práctica.
Acceso e admisión
Segundo a normativa dos estudos oficiais de posgrao da Universidade de Vigo, a selección do alumnado é responsabilidade da comisión académica do mestrado.
A selección basearase en:
- Adaptación da cualificación de acceso ao contido do mestrado
- Expediente académico, avaliado segundo a normativa da Universidade de Vigo
- Dossier artístico:de 0 a 3 puntos
- Currículo artístico e/ou profesional do candidato/a, tendo en conta a súa relevancia para o contido do programa de mestrado: de 0 a 2 puntos
- Carta de motivación
Para o estudantado con necesidades educativas especiais:
- En virtude dos artigos 15 e 18 do RD 822/2021 e RD 412/2014, polos cales polo menos un 5 % das prazas ofertadas deberá reservarse para estudantado cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %, así como para estudantado con necesidades de apoio educativo permanentes.
Plan de estudos
O obxectivo principal do mestrado en creación artística contemporánea é a formación académica artística avanzada, de carácter multidisciplinar, que inclúe os seguintes obxectivos:
- Proporcionar formación en creación artística vinculada á investigación en todas as áreas e técnicas implicadas na titulación de Belas Artes: debuxo, escultura, pintura, performance art, ilustración, gravado, fotografía, audiovisuais e todos aqueles novos medios que poidan ser empregados polo alumnado como material para iniciar un proxecto artístico.
- Proporcionar coñecementos e habilidades que permitan desenvolver un proxecto artístico.
- Proporcionar habilidades para achegar solucións orixinais e innovadoras no campo da arte.
- Xestionar proxectos en equipos multidisciplinares, optimizando recursos e difundindo resultados.
- Prepara o alumnado para posicionarse profesionalmente no ámbito artístico, achegándose ao mundo profesional a través da práctica.
- Integrar o estudantado no contexto artístico, capacitándoo para responder a preguntas, problemas e todo o que xurda na súa expansión a outras áreas relacionadas e ás redes sociais.
- Preparar o alumnado para a realización de estudos de doutoramento mediante formación en metodoloxía científica aplicada ás artes.
- Fomentar a participación dos principais actores locais, nacionais e internacionais na vida cultural e no mercado da arte a través de proxectos colaborativos propostos polo alumnado.
- Fomentar o desenvolvemento profesional do estudantado, introducíndoo nas linguaxes artísticas e de investigación.




