Programa de Doutoramento en Investigación en Tecnoloxías e Procesos Avanzados na Industria

Área de coñecemento

Área de Enxeñaría e Arquitectura

Información administrativa

Escola de Enxeñaría Industrial

Coordinación do título

Juan María Pou Saracho

Centro ao que se adscribe

Escola Internacional de Doutoramento

Campus

Vigo

Código RUCT

    Descrición

    A finalidade do presente Programa de Doutoramento en Investigación en tecnoloxías e procesos avanzados na industria pola Universidade de Vigo, é a adquisición polo estudante dunha formación avanzada, de carácter multidisciplinar, orientada a promover a iniciación en tarefas investigadoras no campo das novas tecnoloxías e procesos industriais. Polo tanto, ten como obxectivo primordial a formación de profesionais competentes en investigación en tecnoloxías avanzadas e novos procesos industriais.

    Ano comezo impartición: 2013
    Data publicación no DOG:
    Data publicación no BOE:
    Prazas de novo ingreso: 20

    • Procesos industriais
    • Tecnoloxías avanzadas

    O Sistema de Garantía de Calidade de Doutoramento da Universidade de Vigo ten un carácter institucional.

    Está dirixido e coordinado a través da Escola Internacional de Doutoramento.

    A información xeral sobre a xestión da calidade nos doutoramentos (documentación do sistema de garantía de calidade, política e obxectivos de calidade, programas de calidade, Comisión de Calidade da Eido) está dispoñible nesta ligazón.