Grao en Enxeñaría Informática

Características

Campus: Ourense
Tipo: Grao
Créditos ECTS totais: 240
Modalidade: Presencial
Prazas: 147
Número de cursos: 4
Código:
O06G151V01

Área de coñecemento

Área de Enxeñaría e Arquitectura

Coordinación do título

Eva María Lorenzo Iglesias

    Descrición

    A persoa titulada é un/unha profesional cunha completa formación científica, tecnolóxica e socioeconómica, preparado/a para o exercicio profesional no desenvolvemento e aplicación das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) no ámbito da Informática.

    - Directores de informática
    - Analistas e analistas/programadores
    - Administradores de sistemas e redes
    - Enxeñeiro/as de software e de sistemas de información
    - Directores e xefes de proxectos
    - Enxeñeiro/as web
    - Consultores de tecnoloxía
    - Enxeñeiro/as, consultores e administradores de seguridade
    - Expertos en calidade de software
    - Auditores informáticos
    - Mantemento de infraestruturas TIC
    - Técnicos comerciais

    O título de graduado/a en Enxeñaría Informática ten como obxectivo fundamental a formación científica, tecnolóxica e socioeconómica e a preparación para o exercicio profesional no desenvolvemento e aplicación das TIC ao ámbito da informática.
    A nivel mais específico o estudantado poderá adquirir as seguintes capacidades e coñecementos:

    -Concibir, redactar, organizar, planificar, desenvolver e asinar proxectos no ámbito da enxeñaría en informática que teñan por obxecto a concepción, desenvolvemento ou explotación de sistemas, servizos e aplicacións informáticas.

    -Dirixir as actividades obxecto dos proxectos do ámbito da informática.

    -Deseñar, desenvolver, avaliar e asegurar a accesibilidade, ergonomía, uso e seguridade nos sistemas, servizos e aplicación informáticas, así como a información que xestionan.

    -Definir, avaliar e seleccionar plataformas hardware e software para o desenvolvemento e execución de sistemas, servizos e aplicacións informáticas.

    -Concibir, desenvolver e manter sistemas, servizos e aplicacións informáticas empregando os métodos da enxeñaría do software como instrumento para asegurar súa calidade.

    -Concibir e desenvolver sistemas ou arquitecturas informáticas centralizadas ou distribuídas integrando hardware, software e redes.

    -Coñecer, comprender e aplicar a lexislación necesaria durante o desenvolvemento da profesión e manexar especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.

    -Coñecer as materias básicas e tecnolóxicas que capaciten para a aprendizaxe e desenvolvemento de novos métodos e tecnoloxías.

    -Resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, autonomía e creatividade.

    -Realizar medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritaxes, estudos, informes, planificación de tarefas e outros traballos análogos da informática.

    -Analizar e valorar o impacto social e medioambiental das solucións técnicas, comprendendo a responsabilidade ética e profesional da actividade.

    -Aplicar elementos básicos de economía e xestión de recursos humanos, organización e planificación de proxectos, así como a lexislación, regulación e normalización no ámbito dos proxectos informáticos.

    - Coñecementos básicos de informática
    - Boa base matemática, aptitude numérica
    - Capacidade de abstracción, análise, síntese, razoamento lóxico
    - Curiosidade, imaxinación, creatividade, innovación
    - Capacidade de percepción e atención
    - Sentido de organización e o método
    - Atención ao detalle
    - Sentido práctico e visión espacial
    - Capacidades básicas para a expresión oral e escrita e para a comprensión lectora
    - Habilidades sociais básicas para traballo en equipo