LISTAXES PROVISORIAS DE SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS

Axudas da UVigo ao estudo para o curso 2022/2023

Alegacións ata o 27 de febreiro

UVigo - Bolsas 15/02/2023

De conformidade co establecido no punto 7 da Resolución reitoral do 19 de decembro de 2022, pola que se convocan as axudas ao estudo propias da Universidade de Vigo no curso 2022/2023, unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, examinadas estas e a documentación presentada, a Sección de Axudas e Bolsas publicou as listaxes provisorias de solicitudes admitidas e excluídas.

Se a túa solicitude está excluída, podes emendar os defectos que motivaron a súa exclusión ou completala ata 27 de febreiro de 2023, ás 23.59 h

As listaxes e o formulario para presentar as alegacións están dispoñibles na ficha da convocatoria:

ficha da convocatoria

 

 

Máis información

Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos
Edificio Exeria
As Lagoas - Marcosende
36310 Vigo
+34 986 814 094
bolsas@uvigo.gal