Persoal docente e investigador saínte
O persoal docente da Universidade de Vigo dispón dunha serie de programas que teñen como obxectivo fomentar a súa mobilidade, a través da súa participación en actividades de cooperación internacional ou de docencia no marco de proxectos organizados por universidades socias.
Programa Erasmus+
Información xeral
O Programa Erasmus+ ofrece a oportunidade de exercer unha actividade docente (STA) ou de formación (STT) temporal nun centro educativo con países cos que se teñan asinados acordos en Europa ou con institucións de países extracomunitarios: Erasmus+ KA131 e Erasmus+ KA 171.
Esta oportunidade está ao alcance de todo o persoal docente que traballa na Universidade de Vigo. Estas experiencias e intercambios contribúen a mellorar as habilidades lingüísticas e o recoñecemento cultural do país de destino así como ofrecer unha nova perspectiva sobre prácticas e enfoques pedagóxicos.
Máis información sobre o programa Erasmus+:
- Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE)
Erasmus+ KA131 (STA / STT)
O Programa Erasmus+ KA 131 permite realizar a mobilidade nunha institución educativa superior en Europa ou institucións de países extracomunitarios cos que exista un acordo asinado.
A modalidade de estancia STA permite que o persoal docente da Universidade de Vigo se desplace a realizar a docencia no país seleccionado.
No caso da modalidade STT, o persoal da Universidade de Vigo podrá realizar actividades de formación en instituciones extranxeiras. Durante a visita, se poderá coñecer ós homólogos, outras modalidades de ensino e aprendizaxe, sistemas universitarios distintos, entrevistarse cos estudantes que a Universidade de Vigo envía ou cos futuros estudantes que se recibirán.
Esta mobilidade é posible realizala de maneira independente ou combinada (STA+STT).
Erasmus+ KA171 (STA / STT)
O Programa Erasmus+ KA 171 permite realizar a mobilidade nunha institución educativa superior en países extracomunitarios.
As prazas e oportunidades dispoñibles varían segundo cada convocatoria.
Erasmus+ Blended Intensive Program (STA / STT)
Os Blended Intensive Programmes (BIPs) son programas intensivos de curta duración, que se enmarcan dentro do novo Programa Erasmus+ 2021/2027 e que empregan métodos innovadores de aprendizaxe e ensino, incluíndo o traballo colaborativo en liña.
Ó permitir formatos de mobilidade novos e máis flexibles que combinan a mobilidade física cun compoñente virtual, os programas intensivos combinados aspiran a chegar a todo tipo de participantes, de calquer orixe, campo de estudo e ciclo.
Cada Erasmus+ BIP é organizado por un grupo de mínimo 3 universidades de 3 países diferentes.
Neste caso, o persoal docente pode participar en estadías combinadas de docencia (STA) e/ou formación (STT) e ademais ten a oportunidade de presentar unha proposta de coordinación dun BIP con outras universidades.
Outros programas
Iacobus
O Programa IACOBUS ten como obxectivo principal fomentar a cooperación e o intercambio entre os recursos humanos dos centros de ensino superior da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal - Profesores; Investigadores; Persoal de Administración e Servizos (PAS), facilitando a posta en común de actividades formativas, de investigación e de divulgación.
Esta iniciativa da Eurorrexión é pioneira en Europa e a GNP, AECT é a súa entidade xestora.
Semanas internacionais
De seguido ofrecémosche información sobre as semanas internacionais organizadas por institucións académicas europeas nas que podes participar. Tamén podes acceder ao buscador de semanas internacionais.
Evento | Organización | Datas | Para | Solicitude | Contacto |
International Week 2024 |
Haute École Charlemagne Bélxica |
18-22 de marzo de 2024 | PDI e PAS | Formulario ata o 15/12/2023 |
|
18th International Week |
Universidade Europeia, IADE-UE, IPAM Portugal |
4-8 de marzo de 2024 | PDI e PAS da ORI | Solicitude por e-mail ata decembro de 2023 |
|
International Academic Week (IAW2024) | EKA (Ekonomickas un Kultüras Augstskola) Riga | 22-26 de abril de 2024 | PDI e PAS | Formulario | |
Savonia International Week | Savonia University of Applied Sciences Finlandia |
19-22 de febreiro de 2024 | PDI e PAS | Formulario ata o 26/1/2024 |
|
Teaching Staff Mobility International Week | University of Economics in Katowice Polonia |
6-11 de maio e 2024 | PDI | Solicitude por e-mail ata o 15/1/2024 |
Máis información:
Oficina de Relacións Internacionais
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 818 727
outgoing.ori@uvigo.gal