No edificio de I+D+i da Universidad de Salamanca

Curso do Instituto Universitario de Estudios de la Ciencia y la Tecnología «El dron de la especialización inteligente»

20 e 24 de maio

Etiquetas
  • Divulgación
UVigo - Investigación 04/04/2019

O curso de Formación Específica «El dron de la especialización inteligente» (formación avanzada en especialización intelixente) celebrarase entre os días 20 e 24 de maio de 2019 no Edificio I+D+i da Universidad de Salamanca.

«Cando o dron da especialización intelixente levanta o voo, eleva o espírito emprendedor da rexión».

O obxectivo deste curso é mellorar a capacidade administrativa das persoas responsables das estratexias de investigación e innovación para a especialización intelixente (RIS3) por medio de formación avanzada en especialización intelixente e en atención ás condicións futuras dos fondos FEDER no período 2021-2027.

O curso está dirixido a responsables e funcionariado asignado á xestión das estratexias de investigación e innovación para a especialización intelixente nos gobernos das comunidades autónomas de España, no resto de países da UE e países de América Latina.

Número de horas: 40 h (24 horas presenciais en formato seminario e 16 horas de traballo con titoría).

Máis información aquí.