7ª Competición de robots

  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI

Data de celebración:

19 de abril ás 10:00

Dirixido a

Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Escola de Enxeñería Industrial

Lugar

Escola de Enxeñaría Industrial - Sede Campus, Campus Universitario Lagoas-Marcosende

Escola de Enxeñaría Industrial - Sede Campus, Campus Universitario Lagoas-Marcosende
36310 Vigo
España

Tipo de evento

Competición

Entrada:

Entre 10€ e 65€ É necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Con dúas categorías: Be-Robot e DeMO-Robot

Tras a grande acollida da pasada edición, que en abril de 2023 puxo fin a tres anos de parón de pola pandemia, a Competición de Robots que organiza a Escola de Enxeñería Industrial regresará ao campus de Vigo este 19 de abril con varias novidades que farán máis atractivo o concurso, entre elas a estrea de novos tapices para as probas e un kit mellorado para montaxe dos autómatas. 

Como en anos anteriores, a competición dividirase en dúas categorías, BE-Robot para estudantes de ESO e bacharelato e DeMO-Robot para alumnado de ensino superior, tanto ciclos de formación profesional como de graos universitarios. En cada unha delas, e partindo dun kit básico, os equipos deberán montar e programar un robot móbil co que participarán nunha serie de probas e retos. A finalidade deste evento, que no curso pasado reuniu máis de 600 mozos e mozas das catro provincias galegas, é que as e os participantes se familiaricen de forma simple, práctica e divertida coa robótica. 

Programa da competición:
10.00 – 10.30 Inscripción e quentamento de BE ROBOT
10.45 Inicio competición categoría BE ROBOT
10.45 – 11.15 Primeira proba: Sigue-liña marchoso
11.15 – 12.15 Segunda proba: Velódromo mareante
11.30 – 12.00 Inscripción e quentamento DEMO ROBOT
12.00 Inicio competición categoría DEMO ROBOT
12.00 – 13.45 Probas competición categoría DEMO ROBOT
12.30 – 13.45 Finais por categoría BE ROBOT (1º+ 2º ESO, 3º+ 4º ESO, 1º+ 2º BACH)
14.00 – 14.30 Entrega de premios no salón de actos da escola 
 

Máis información

Nova no Duvi

Anótao en:

Add to Calendar 2024-04-19 10:00:00 2024-04-19 10:00:00 7ª Competición de robots Con dúas categorías: Be-Robot e DeMO-Robot Escola de Enxeñaría Industrial - Sede Campus, Campus Universitario Lagoas-Marcosende Escola de Enxeñería Industrial Europe/Madrid public