Ciclo 'A lingua galega no cinema'. A lingua da historia
Data de celebración:
23 de abril ás 19:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
UVigo e Deputación de PontevedraLugar
rúa Palma, 4
36202 Vigo
España
Tipo de evento
CineEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNo edificio Cambón
Terceira sesión do ciclo A lingua galega no cinema, neste caso cunha xornada centrada la lingua da historia. Proxectarase A illa das mentiras, de Paula Cons, que narra como na madrugada do 2 de xaneiro de 1921, o buque Santa Isabel, con destino a Bos Aires e 260 persoas a bordo, afúndese fronte á escarpada e dura costa da illa de Sálvora, en Galicia. Á falta de homes na illa, tres novas insulares, María (Nerea Barros), Josefa (Vitoria Teijeiro) e Cipriana (Ana Oca), deciden ir ao rescate e salvar 48 persoas, un acto heroico que pagarán moi caro. Tras estes feitos, un xornalista arxentino, León (Darío Grandinetti), acode a Sálvora para cubrir a noticia do naufraxio. Son moitas as incógnitas que hai que resolver.
Intervén: Victoria Teijeiro, actriz.
A entrada é de balde ata completar a capacidade do auditorio.