Conferencia 'O dereito internacional privado europeo no século XXI: perspectivas de futuro'
Data de celebración:
22 de febreiro de 2019De 12:00 a 13:00
Dirixido a
Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Facultade de DereitoLugar
Cam. Seara B, 3I
32004 Ourense
España
Tipo de evento
ConferenciasEntrada:
De balde. Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialSerá no salón de graos da Facultade de Dereito
A Facultade de Dereito do campus de Ourense organiza a conferencia O dereito internacional privado europeo no século XXI: perspectivas de futuro, ofrecida por Alfonso Calvo, catedrático de Dereito Internacional Privado da Universidad Carlos III de Madrid. A actividade enmárcase dentro do Curso de Actualización Xurídica 2018/2019 que desenvolve o centro, iniciativa composta por sete conferencias doutros tantos especialistas que permiten ao longo deste curso académico ao alumnado e profesorado actualizar os seus coñecementos en diferentes áreas do dereito.