Exposición 'The making of a painting / Facer unha pintura'
Data de celebración:
14 de marzo de 2024 ás 19:00 30 de abril de 2024 ás 11:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Facultade de Belas ArtesLugar
Rúa Maestranza 2
36002 Pontevedra
España
Tipo de evento
Artes plásticas e ExposiciónEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNa Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes
A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a exposición The making of a painting / Facer unha pintura, na que se presentan os resultados do proxecto realizado polo pintor inglés Simon Callery xunto cun grupo de estudantes da Facultade de Belas Artes. Promovida coa colaboración da Vicerreitoría do campus e do Departamento de Pintura da UVigo, trátase dunha exposición comisariada por Elena Bangueses, que presenta os resultados dun traballo levado a cabo en diferentes espazos naturais da contorna de pontevedra, en colaboración cos estudantes Goa Vázquez, Julio Catalán, Álex Fuertes, Diego del Río e Cristina Rus.
A exposición pode visitarse ata o 30 de abril, de luns a venres, en horario de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas.