Festival Sonora 2.1: Laura LaMontagne&PicoAmperio

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

5 de maio ás 18:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Vicerreitora de Extensión Universitaria

Lugar

Teatro Vidal Bolaño

Praza Miralles s/n
36310 Vigo
España

Tipo de evento

Música

Entrada:

De balde É necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

No Teatro Vidal Bolaño da Cidade Universitaria

Dende o seu nacemento en 2005, o Festival Sonora trae cada ano ao Teatro Vidal Bolaño da Cidade Universitaria diferentes exemplos de novas propostas musicais. Nesta edición, rebautizada como Sonora 2.1, os protagonistas serán Laura LaMontagne e PicoAmperio, dúo que oscila entre a tradición galego-portuguesa das cantigas de amigo, ritmos electrónicos e ambientes íntimos. Neste caso o espectáculo formúlase a modo de concerto hip hop, cun DJ Set e espazo para a intérprete. Será unha actuación na que se mesturarán voz, samplers, bases, scrath e loops en directo.

Ante a actual situación sanitaria, para acudir ao concerto é necesario reservar a butaca enviando un correo electrónico a extensión@uvigo.gal ou a través do teléfono 986.813.626 ata as 13.00 horas do día da función.

Anótao en:

Add to Calendar 2021-05-05 18:00:00 2021-05-05 18:00:00 Festival Sonora 2.1: Laura LaMontagne&PicoAmperio No Teatro Vidal Bolaño da Cidade Universitaria Teatro Vidal Bolaño Vicerreitora de Extensión Universitaria Europe/Madrid public