II Congreso Internacional sobre Cannabis e os seus derivados
Data de celebración:
7 de novembro de 2019 ás 16:30 9 de novembro de 2019 ás 21:00Dirixido a
Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Consellería de Sanidade e Concello de CatoiraLugar
Lugar Ponte, 4
36612 Catoira
España
Tipo de evento
Conferencias e CongresoEntrada:
Diferentes prezos É necesaria reserva.Modalidade
PresencialNo auditorio municipal de Catoira
O auditorio municipal de Catoira acolle, entre o 7 e o 9 de novembro, o II Congreso Internacional sobre Cannabis e os seus derivados: Saúde, educación e lei, que promoven a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e o Concello de Catoira, co patrocinio do grupo de investigación PS1 da Universidade de Vigo, o Plan Nacional Sobre Drogas e a Sociedad Científica Española de Estudios sobre el Alcohol, el Alcoholismo y las otras Toxicomanías (Socidrogalcohol). Especialistas de diferentes países abordarán as problemáticas derivadas do consumo desta substancia desde as perspectivas da saúde, a educación e a lexislación nun congreso que ten como presidente do comité organizador ao profesor da Universidade de Vigo Manuel Isorna.
Este congreso internacional, que o venres 8 celebra o seu acto inaugural, ábrese na tarde do xoves coa celebración, a partires das 16.30 horas, de catro talleres simultáneos, tralos que terá lugar, ás 20.30 horas, unha mesa redonda sobre boas prácticas de prevención do consumo de cannabis no ámbito local.