Inauguración da exposición "Intérpretes pioneiras (1900-1935): Deitando pontes"
Data de celebración:
24 de outubro de 2019 ás 11:00Dirixido a
Estudantes , Medios , PAS e PDIOrganiza
Universidade de VigoLugar
rúa da ilustración s/n
36310 Vigo
España
Tipo de evento
Charlas e seminarios e FotografíaEntrada:
De baldeModalidade
PresencialNa sala de Estudo da Facultade de Filoloxía e Tradución
A Facultade de Filoloxía e Tradución acolle a inauguración da mostra Intérpretes pioneiras (1900-1953): Deitando pontes, que a través de reproducións de fotografías, de documentos e de películas, así como fontes históricas orixinais, achega as múltiples facetas que posúe a interpretación entre idiomas e nas que as mulleres foron protagonistas. A mostra está comisariada por Jesús Baigorri, da Universidad de Salamanca, que unha vez finalizada a inauguración ofrecerá no salón de actos unha conferencia inaugural. Xa pola tarde, a partir das 16.00 horas, Baigorri, no marco do Coloquio Anual do Programa de Doutoramento en Tradución & Paratradución, impartirá un seminario titulado Introdución á investigación en historia da interpretación.
As actividades continuarán o día 28 ás 11.00 horas cun relatorio impartido por Anxo Fernández Ocampo titulado Historia da interpretación: imaxes de muller.