Pont-Up Store. Xornada previa
Data de celebración:
18 de setembro de 2019De 10:00 a 20:30
Dirixido a
Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Universidade de VigoLugar
Rúa Maestranza 2
36002 Pontevedra
España
Tipo de evento
Charlas e seminarios , Música , Talleres e XornadasEntrada:
de balde É necesaria reserva.Modalidade
PresencialNa Sala X
A sexta edición do Pont-Up Store, o evento dedicado ao emprendemento que a Universidade de Vigo promove no marco do Campus Crea, co Concello de Pontevedra como patrocinador principal, inicia o seu programa coa primeira das súas xornadas previas á apertura, o venres 20, do seu espazo central na praza de España.
Nesta xornada porase en marcha na Sala X da Facultade de Belas Artes o Laboratorio Creativo, que terá como eixo as tendencias e innovacións nos escenarios, da creación sonora á creación audiovisual en tempo real. Organizado por Xeneme co profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Oswaldo García como asesor pedagóxico, o laboratorio completarase cunha mesa redonda aberta ao público ás 19.00 horas.