Relatorio 'La deuda pública española, ¿y ahora qué?' a cargo do economista Daniel Fuentes

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

29 de setembro de 2022 ás 19:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Universidade de Vigo

Lugar

Facultade de Comercio

rúa Torrecedeira 105
36208 Vigo
España

Tipo de evento

Charlas e seminarios

Entrada:

De balde

Modalidade

Presencial

No salón de actos da Facultade de Comercio e en liña

O ciclo de conferencias Diálogos con… do programa UVigo Leadership School retoma a actividade cun relatorio do doutor en Ciencias Económicas, docente de Teoría Económica na Universidad de Alcalá e director da Área de Research de KREAB España, Daniel Fuentes. La deuda pública en España, ¿y ahora qué? é o titulo do relatorio que Fuentes ofrecerá a partir das 19.00 no salón de actos da Facultade de Comercio da UVigo e que tamén poderá seguirse en liña, previa inscrición.

Doutor en Ciencias Económicas pola Universitté Paris-Nanterre, Fuentes é licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola UVigo, con dobre especialidade en economía pública e privada. Investigador no INRA e na OCDE Paris, é autor dunha vintena de traballos académicos publicados en revistas e traduciu ao español as obras do economista galo Thomas Piketty, Capital e ideoloxía, Viva o socialismo e Unha breve historia da igualdade
 

Anótao en:

Add to Calendar 2022-09-29 19:00:00 2022-09-29 19:00:00 Relatorio 'La deuda pública española, ¿y ahora qué?' a cargo do economista Daniel Fuentes No salón de actos da Facultade de Comercio e en liña Facultade de Comercio Universidade de Vigo Europe/Madrid public