Reunión de lanzamento do proxecto MarENet
Data de celebración:
29 de xaneiro de 2020 ás 9:15Dirixido a
Medios , PDI e Público externoOrganiza
Campus do MarLugar
Muelle de Trasatlánticos
36201 Vigo
España
Tipo de evento
Charlas e seminariosEntrada:
De balde É necesaria reserva.Modalidade
PresencialNo Edificio de Sesións do Peirao de Transatlánticos
Asisten: María Isabel Doval, vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación; Daniel Rey, director do Campus do Mar, e Enrique López Veiga, presidente da Autoridade Portuaria de Vigo
Reunión de lanzamento do proxecto Atlantic Maritime Ecosystem Network, MarENet, un traballo dirixido a crear o futuro centro europeo de coñecemento marítimo, unha iniciativa liderada polo Campus do Mar e coa que se busca fortalecer a cooperación entre as empresas marítimas e o mundo académico, tanto universidades como centros de formación profesional.
O proxecto, de 24 meses de duración, presentouse o pasado mes de decembro en Bruxelas e conta cun orzamento total de 867.922 euros, dos cales a Comisión Europea financia 694.338 euros, a través da chamada convocatoria Blue Economy do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, EMFF.
Máis información
campusdomar@uvigo.es