Sesión ordinaria de Consello de Goberno
Data de celebración:
22 de xaneiro de 2019 ás 10:30Dirixido a
Estudantes , Medios , PAS e PDIOrganiza
Universidade de VigoLugar
Rúa Maxwell, s/n
36310 Vigo
España
Tipo de evento
Acto institucionalEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNa sala de xuntas da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
A partir das 10.00 h, en primeira convocatoria, e das 10.30 h, en segunda, celébrase a primeira sesión ordinaria de Consello de Goberno do ano 2019. Un total de 21 puntos integran a orde do día da reunión, na que se aprobarán os premios extraordinarios de fin de grao e doutoramento, que se outorgarán no acto académico de San Tomé Aquino do 28 de xaneiro.
Na sesión tamén se abordarán outras cuestións como os criterios de elaboración da programación docente anual para o curso 2019-2020; a convocatoria de concesión de anos sabáticos e os criterios de puntuación; o reparto da produción de investigación e transferencia do ano 2019 e tamén se presentará a memoria de responsabilidade social da Universidade correspondente ao ano 2017.