V Competición de Robots da Escola de Enxeñería Industrial
Data de celebración:
26 de abril de 2019 ás 10:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS e PDIOrganiza
Universidade de VigoLugar
Escola de Enxeñaría Industrial - Sede Campus, Campus Universitario Lagoas-Marcosende
36310 Vigo
España
Tipo de evento
CompeticiónEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialO concurso chega a súa quinta edición
A Competición de Robots da Escola de Enxeñería Industrial acada a súa quinta edición. Un ano máis o alumnado dos centros participantes concorre ao certame en dúas categorías: WALL-E, para estudantado matriculado en calquera curso de ensino secundario (ESO e Bacharelato) e R2D2 para estudantes de titulacións superiores (ensinanzas de Formación Profesional e titulacións universitarias, ademais doutras persoas interesadas).
Ás 10.00 horas comeza o rexistro e o quentamento da proba Wall-E. Ás 10.45 horas arranca a primeira proba, ás 11.15 h a segunda, ás 12.30 horas as finais por categoría e, simultaneamente, comezarán as probas da categoría R2D2. A entrega de premios será ás 14.15 no salón de actos da escola.