Visita á intervención arqueolóxica de Lobarzán

  • Medios
  • Ourense
  • Ao ar libre

Data de celebración:

23 de xullo de 2019 ás 10:00

Dirixido a

Medios

Organiza

Grupo de Investigación Geaat

Lugar

Lagar das Barrocas de Oímbra

As Barrocas
32613 Oímbra
España

Tipo de evento

Ao ar libre

Entrada:

De balde. Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

No Lagar As Barrocas de Oímbra

Asisten: Esther de Blas, vicerreitora do campus de Ourense; Ana María Villarino, alcaldesa de Oímbra; Marina Salgado, concelleira de Monterrei; Susana Reboreda, decana da Facultade de Historia; Beatriz Comendador, directora do proxecto; Victor Rodríguez, director do traballo de campo

Visita á intervención arqueolóxica que desde o 8 de xullo realiza un equipo da Universidade de Vigo no Castelo de Lobarzán ou Castro das Laxes das Chás. O estudo deste xacemento xorde no marco dun convenio de colaboración asinado o pasado mes de abril entre a Universidade de Vigo e os concellos ourensáns de Oímbra e Monterrei, onde se ubica o xacemento, para a realización de diversas actividades de recuperación patrimonial, paisaxística e etnográfica da área arqueolóxica do Castelo de Lobarzán e a súa contorna a cargo de membros do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (Geaat) da Universidade de Vigo.

Máis información

Nova no Duvi sobre a intervención:
https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/comeza-primeira-intervencion-arqueoloxica-castelo-lobarzan

Anótao en:

Add to Calendar 2019-07-23 10:00:00 2019-07-23 10:00:00 Visita á intervención arqueolóxica de Lobarzán No Lagar As Barrocas de Oímbra Lagar das Barrocas de Oímbra Grupo de Investigación Geaat Europe/Madrid public