Xuntanza para a creación dun espazo unitario galego en defensa da investigación
Data de celebración:
29 de xaneiro de 2020 ás 18:30Dirixido a
Estudantes e PDIOrganiza
Persoal investigadorLugar
Edificio Politécnico s/n
32004 Ourense
España
Tipo de evento
XornadasEntrada:
De balde É necesaria reserva.Modalidade
PresencialImpulsada por Colectivo Posdoutoral de Galicia, Plagtis e Asemblea de Investigadoras de Compostela
O salón de graos do edificio Politécnico do campus de Ourense acolle unha xuntanza informativa que ten como finalidade a creación dun espazo unitario galego en defensa da investigación. Esta reunión enmárcase nunha serie de eventos polos campus galegos, que tratan de informar ás comunidades universitarias sobre a realidade da investigación en Galicia. A iniciativa está impulsada por diversos colectivos do ámbito da I+D+i galego que apostan pola unión de todos os axentes para xerar "unha consciencia xeral da gravidade das problemáticas que atravesan á investigación en Galicia e que afectan a todas as persoas que desempeñan labores de investigación no país, independentemente do seu perfil laboral e de que o fagan con vinculación contractual ou non".