18 DE NOVEMBRO

Andaina do 25 aniversario das rutas culturais

Inscrición aberta

UVigo - Comunicación 16/11/2023

O 18 de novembro a Universidade de Vigo celebrará os 25 anos das súas rutas culturais cunha andaina similar á que en 1999 arrancou a programación desta iniciativa, xurdida para fomentar o coñecemento da contorna.

A ruta arrancará e rematará no campus de Ourense e consiste nun percorrido de ida e volta pola contorna ata o castro de Santomé, onde se desenvolverán dúas teatralizacións. De volta no edificio Xurídico-Empresarial haberá petiscos, entrega de recoñecementos e algunha que outra sorpresa. 

Información e inscrición


Novas relacionadas

 

Para máis información, podes contactar coa Sección de Extensión Universitaria:

Campus de Vigo
+34 986 813 626
extension@uvigo.gal

Campus de Ourense
+34 988 387 102
asc-ou@uvigo.gal

Campus de Pontevedra
+34 986 801 949 | 986 801 955
asc-po@uvigo.gal