Bo Nadal e feliz ano 2024!

UVigo - Comunicación 13/12/2023

Co gallo das festas, a Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais pon á disposición da comunidade universitaria material con formato institucional para descargar.

Co fin de mantermos unha imaxe unificada, solicitámosvos que este material non se edite con ningún tipo de texto nin logotipo, posto que a información do centro ou da persoa remitente xa aparece no encabezamento e na sinatura do correo electrónico.

En caso de dúbida, estaremos encantados de atendervos.

A Universidade de Vigo deséxavos un bo Nadal e un avegoso 2024 a todos e todas!

Moitas grazas pola vosa colaboración.

 

 

Máis información:

Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 222
viccom@uvigo.gal