NO PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA

Concerto de Nadal 2023

13 de decembro, ás 20.30 h

UVigo - Comunicación 28/11/2023

A Universidade de Vigo convida a comunidade universitaria a asistir ao seu tradicional Concerto de Nadal.

O concerto terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra (rúa de Alexandre Bóveda, s/n) o mércores 13 de decembro, ás 20:30 h e estará protoganizado pola Orquesta Clásica de Vigo co solista Severino Manuel Ortiz Rey e o director Manuel Martínez Álvarez-Nava. 

Convites

Cada membro da comunidade universitaria terá dereito a dous convites, que cumprirá imprimir ou descargar no móbil a través do Campus Activo para acceder ao recinto. O código QR de cada invitación é único e permitirá un só acceso.

O prazo permanecerá aberto ata que se esgoten as invitacións ou ata as 14.00 h do día 11 de decembro. 

Campus activo


Servizo de autobús

A Universidade de Vigo ofrecerá un servizo de autobús desde Ourense e Vigo para asistir ao concerto. 

  • Vigo (rúa do Areal 50)
    Saída: ás 19.30 h
    Regreso: ás 22.30 h
  • Ourense (Edificio Politécnico)
    Saída: ás 18.30 h
    Regreso: ás 22.30 h

Se precisas o servizo de autobús, preme na seguinte ligazón:

formulario de solicitude


Novas relacionadas

 

Máis información:

Sección de Extensión Universitaria
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 8136 26
extension@uvigo.gal