NOS TRES CAMPUS

Coñeces as vantaxes do Abono MuVer?

UVigo - Comunicación 12/09/2023

Co Abono MuVer poderás facer deporte nos campus da Universidade de Vigo dun xeito práctico e sinxelo.

Esta proposta da Área de Benestar, Saúde e Deporte dá acceso ás instalacións dos tres campus e ás actividades dirixidas organizadas ao longo do curso académico.

O abono pode ser cuadrimestral, mensual, anual ou só para os meses de verán. Está aberto tanto á comunidade universitaria e familia UVigo como a outras persoas e colectivos vencellados á institución, así como a persoas externas e os prezos varían segundo o colectivo ao que se pertenza e a duración da subscrición. 

Podes consultar máis información e coñecer as tarifas do Abono MuVer na seguinte ligazón:

CAMPUSACTIVO

 

 

Para máis información, podes contactar coa Sección de Extensión Universitaria:

Campus de Vigo
+34 986 813 626
extension@uvigo.gal

Campus de Ourense
+34 988 387 102
asc-ou@uvigo.gal

Campus de Pontevedra
+34 986 801 949 | 986 801 955
asc-po@uvigo.gal