CIENCIA DE IDA E VOLTA

Plan de actividades 2023/2024 da UCC+i

UVigo - Comunicación 09/11/2023

A UCC+I da Universidade de Vigo coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e la Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia e Innovación, pon en marcha o Plan anual de actividades “Ciencia de ida e volta” para o curso 2023/2024.

O obxectivo xeral do proxecto é a promoción e difusión da cultura científica, tecnolóxica e da innovación entre os diferentes axentes sociais: estudantado, comunidade universitaria e cidadanía. 

O concepto “ida e volta” trata de exemplificar o movemento circular da ciencia, como as investigacións científicas se poden aplicar na sociedade e mellorar a súa contorna e como a sociedade pode promover novos retos, novas ideas ou axudar e complementar estes estudos. A unión de ambos consegue que a ciencia teña sentido, que se poida seguir investigando e que se poidan aplicar os avances no día a día.

Para iso, a UCC+i realizará diferentes actividades que poñan en valor e difundan as investigacións realizadas na Universidade de Vigo e que serán unha canle de comunicación accesible e activa que sirva de aproximación entre as partes.

As actividades programadas son:

  • Formación para o persoal investigador
  • Obradoiro de astronomía
  • 11F na UVigo
  • Libro ‘Quero ser investigadora’
  • Actividades divulgativas polo Día Mundial da Xustiza Social
  • Serie de podcasts polo Día Mundial da Auga
  • Concurso escolar “Auga=Vida:doce, limpa e potable"
  • Serie de podcasts polo Día Mundial da Saúde
  • Conferencias
  • Feira científica
  • Embaixadores de ciencia e coñecemento
  • Concurso de vídeos “Youtubers científicos”

Para a realización deste plan, a Universidade de Vigo conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e la Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia e Innovación.
 

Web de Ciencia de Ida e Volta

 

Novas relacionadas:

 

Máis información:

Unidade de Cultura Científica e da Innovación
Edificio Redeiras
Praza do Berbés, 11
36202 Vigo
+34 986 130 263
ucc@uvigo.gal