PRIMEIRO PRAZO

Preinscrición nos mestrados da UVigo

Do 3 ao 9 de xullo

UVigo - Comunicación 30/06/2023

A preinscrición nos mestrados da Universidade de Vigo poderase realizar do 3 ao 9 de xullo de 2023, á excepción do Mestrado en profesorado en educación secundaria obrigatoria que pechou o seu prazo de preinscrición o pasado 11 de xuño.

Para o curso 2023/2024 a Universidade de Vigo oferta 64 titulacións que inclúen as seguintes novidades: Xestión sostible da auga, Ciencia e tecnoloxías de información cuántica, Enxeñaría aeronáutica e Fabricación aditiva.

Na seguinte ligazón podes consultar todas as nosas titulacións e a información necesaria para preinscribirte :

Mestrados 2023/2024

 

Novas relacionadas:

 

Máis información:

Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende, s/n
+34 986 811 950
posgrao@uvigo.gal