Reserva de espazos institucionais para organizar eventos
Formulario
A Universidade de Vigo convida a comunidade e as persoas externas á institución académica a reservar os espazos que precise nos edificios institucionais a través deste formulario.
Por esta vía xestionaranse, por exemplo, as reservas de espazos para rodaxes audiovisuais, actos, congresos, conferencias, cursos ou eventos de calquera índole.
No caso de precisar a participación das persoas que integran o equipo de goberno, cómpre dirixirse por correo electrónico á Secretaría do reitor: sreitor@uvigo.gal
A xestión dos espazos nas facultades e nas escolas tramitarase directamente coa dirección ou co decanato do centro.
Vigo
Edificio Redeiras
- Gradas: 28 persoas
- Sala de roldas de prensa: 20 persoas
- Aula 1: 40 persoas
- Aula 2: 30 persoas
- Sala de exposicións (terceiro andar): 100 persoas
Edificio Redeiras
Praza do Berbés, núm. 11
36202 Vigo
Horario: de 9.00 a 21.00 h
Edificio Ernestina Otero
- Paraninfo: 243 persoas
- Sala Manolo Ramos: 48 persoas
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Horario: de 8.00 a 15.00 h
Edificio Miralles
- Sala 1: 110 persoas
- Sala 2: 20 persoas
- Sala 4: 40 persoas
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Horario: de 8.00 a 19.00 h
Ourense
Edificio Politécnico
- Sala Marie Curie: 400 persoas
As Lagoas, s/n
32004 Ourense
Horario: de 8.00 a 21.30 h
Pontevedra
Casa das Campás
- Sala de conferencias: 50 persoas
Casa das Campás
Rúa de Don Filiberto 9-11
36002 Pontevedra
Horario: de 9.00 a 21.30 h
Tarifas
Ás empresas e ás institucións alleas á Universidade de Vigo que soliciten o uso dos devanditos espazos aplicaránselles as tarifas establecidas na páxina 156 do orzamento 2023 da institución académica de acordo coa súa respectiva capacidade.
Os prezos incrementaranse co IVE correspondente e sufrirán un incremento do 25 % os días non lectivos.
- < 100 prazas
Día completo: 200 euros
Medio día: 130 euros - > 100 e < 200 prazas
Día completo: 250 euros
Medio día: 162,50 euros - > 200 prazas
Día completo: 300 euros
Medio día: 195 euros