Seguir a canle de TikTok da UVigo ten premio!

UVigoShow

UVigo - Comunicación 10/01/2024

Co gallo da estrea da súa canle en TikTok, a Universidade de Vigo agasallará os 500 primeiros seguidores e seguidoras da conta UVigoShow cun paraugas da mascota Oli.

Contámosche como participar:

  • Sigue a conta UVigoShow en TikTok.
  • Cubre o formulario que se atopa máis abaixo.
  • Poderase participar ata o 15 de febreiro ou ata fin de existencias.
  • Se es unha das persoas afortunadas, recibirás un correo electrónico de confirmación desde a Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais. 
  • Os paraugas entregaranse entre 22 de xaneiro e o 12 de abril de 2024.
  • Para recoller o teu, deberás presentarnos o teu documento de identificación.

Formulario


Puntos de entrega

Campus de Vigo

Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo

Edificio Redeiras
Praza do Berbés, núm. 11
36202 Vigo

Campus de Pontevedra

Vicerreitoría do Campus de Pontevedra
Casa das Campás
Rúa Don Filiberto 9-11 
36002 Pontevedra

Campus de Ourense

Vicerreitoría do Campus de Ourense
As Lagoas, s/n
32004 Ourense

Horario de recollida: de luns a venres, de 9.00 a 14.00 h

 

De acordo co disposto no artigo 13 do Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento Xeral de Protección de Datos ou RXPD) e co disposto no artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, informámosvos de que os datos asociados que nos facilitedes, serán tratados baixo a responsabilidade da Universidade de Vigo. 

Estes datos trataranse durante o tempo imprescindible para xestionar o reparto de paraugas e conservaranse durante os prazos legais e/ou contractuais aplicables.

A persoa interesada ten dereito a solicitar ao responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, a rectificación ou a supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. Tamén terá dereito a oporse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos.

Os devanditos dereitos poderedes exercelos mediante unha solicitude dirixida ao reitor da Universidade de Vigo e presentada ante o rexistro da Universidade de Vigo, ou calquera dos rexistros indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e remitida á Secretaría Xeral da Universidade de Vigo, Edificio Ernestina Otero, As Lagoas, Marcosende, 36310 Vigo (Pontevedra). 

Igualmente poderedes dirixir a dita solicitude directamente á delegada de Protección de Datos da Universidade de Vigo cuxa identidade e datos de contacto son Miguel Ángel Michinel Álvarez. Enderezo electrónico: dpd@uvigo.gal.

Así mesmo, tedes dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD)

Información adicional: https://www.uvigo.gal/proteccion-datos
 

 

Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 222
viccom@uvigo.gal